top of page

Intérprete, compositor, director, trotamundos… José Fernández Vide conforma unha das figuras máis relevantes dentro do contexto galeguista do século XX e da escena musical galega. Nace na cidade de Ourense o 23 de outubro do ano 1893.Na mesma Ourense pasou a súa infancia cantando no coro da

catedral, compaxinándoo cos seus estudos de harmonía, órgano, piano e violín.Neste ambiente empezará o seu estudo da tradición musical galega, un interese que marcará a súa traxectoria musical posterior.

Nos seus anos como inmigrante en Cuba convértese nun importante compositor para o Centro Galego da Habana. No seu catálogo atopamos zarzuelas en galego como a famosa Miñatos de vran, pero tamén muñeiras, pasodobres e chotis que o levan a ser un dos galegos máis importantes da escena musical cubana.

Vide non queda na súa faceta de compositor e explora o seu lado docente e de director, sempre unido á súa identidade galega. Nestas facetas reflectirase o conflito galego daqueles anos, no que se reflexiona acerca das tradicións e do concepto de identidade galega. Neste dilema Vide será unha figura vital,

contribuíndo á consolidación dunha cultura identitaria e deixando un importante legado da que esta exposición é unha pequena mostra. 
Vide. O trasfegar dun ourensán 2024 

Vide. O Trasfegar dun Ourensán 

​​

Do 24 de setembro ó 24 de outubro

Facultade de Xeografía e Historia 

USC, Primeiro andar

Comisarios: Teresa Bellido Prades, Aitana Catalá Folgado, David de la Torre Fernández.

Coordinadora de la exposición: Montserrat Capelán

Comité científico: Mabela Casal Reyes, Antonio Fernández García, Sara del Pilar Fernández Seoane, María del Carmen Fernández Seoane, Javier Garbayo Montabes, Ilduara Vicente Franqueira, Carlos Villanueva

Diseño gráfico: Elemental-Manuel Martínez

Montaje: Jega Gráfica

Fotografía: Ilduara Vicente Franqueira

Origen de las piezas: Fondo Fernández Vide, Biblioteca da USC

bottom of page